Carlos Blanco Vila ,  é un actor galego nado en Vilagarcía de Arousa en 1959.
 
Actor de teatro e presentador da Radio Galega, comezou a traballar na TVG como presentador do programa A Reoca en 1990 con Antonio Durán. Colaborou noutros programas como Sitio Distinto ou Luar e foi Ladislao Couto en Mareas vivas. A súa carreira cinematográfica comezou con Sei quen es (1999) e continuou n' O lapis do carpinteiro (2003) e Cargo (2005). Posteriormente presentou o programa da TVG Somos unha potenzia. En 2008 co-produce con Abada a súa obra de teatro Humor neghro.
 
Dende o 2011 percorre os escenarios xunto con Xosé Manuel Budiño nunha actuación monólogo na que Budiño fai de DJ e Blanco fai de showman. Músico e actor complementan un espectáculo de teatro en Ilalelo baseado nas redes sociais e nunha crítica chea de humor ás redes sociais.