Manuel Manquiña

 
Manuel Juan Francisco del Cristo de la Victoria Prieto Comesaña, nado en Vigo no 1953, é un actor e humorista galego, coñecido como Manuel Manquiña.
 
Ten actuado en numerosas películas, series e obras de teatro, e presentado programas de televisión. Tamén fixo monólogos e actuacións en pubs, e mais cancións para o Xabarín Club.
 
Gran parte da súa traxectoria profesional lévase a cabo en Galiza. A nivel estatal o seu primeiro papel relevante foi na película Airbag.