Mofa e Befa

Dúo cómico formado polos actores galegos Evaristo Calvo Víctor Mosqueira en decembro do ano 1992.
 
Desde aquela teñen traballado en multitude de espectáculos teatrais humorísticos con xiras por Galicia, actuacións en actos sociais e mesmo participacións en acontecementos coma o Festival de teatro Español de autor contemporáneo de Alacant.
 
Tamén rodaron en 1995 a curtametraxe muda Mofa e Befa en Gran liquidación, baixo a dirección e Jorge Coira e producida pola Escola de Imaxe e Son da Coruña, que recibiu varios premios. En televisión conduciron en 1999 o programa Apaga a luz, e teñen colaborado no veterano programa da Televisión de Galicia Luar.
 
Tanto Calvo coma Mosqueira compaxinan Mofa e Befa con outros proxectos televisivos e cinematográficos, e mesmo coincidiron noutros proxectos á marxe do dúo, como a serie Mareas vivas.