Un home ten que ir en avión e está terminantemente prohibido levar animais, mais como non pode deixar só ó seu canario, mételo no peto do pantalón. O indivíduo fica durmido, e como o peto ten un burato, ao cabo dun anaco o canario asoma pola bragueta.
Unhas monxas que estaban no asento contiguo espértano alporizadas e dinlle:
- Señor, señor, non entendemos moito disto, pero cremos que se lle rompeu un ovo!.