Avelino González

 
Xosé Avelino González Fernández, coñecido como Avelino González, nado en Comesaña (Vigo) en 1962, é un actor galego, narrador oral, director e tradutor de teatro, e especialista en animación de rúa.
 
Comezou a súa carreira no teatro en A Farándula (Vigo, 1980), compañía na que colaborou ata a súa desaparición. Fundador de Tranvía Teatro (1989) e de Ollomol Tranvía (1993) é un home consolidado no panorama escénico. Deu ó salto ao cine en 1987 con Gallego, no que ten feito filmes nos que destaca ¿A ti como se che di adeus?. Na pequena pantalla ten actuado en programas (Arestora, Luar...), series (Mareas Vivas ou Galicia Express) e telefilmes (Condenado a vivir). Na actualidade salienta o seu traballo como narrador oral e tradutor teatral.