David Amor

 
David López Veleiro, máis coñecido polo seu nome artístico de David Amor, nado en Salceda de Caselas en 1980, é un balonmanista, humorista e actor galego.
 
Foi xogador de balonmán profesional, proclamándose subcampión do mundo coa selección española sub-18. Retirouse na campaña 2008-2009 na Sociedad Deportiva Teucro. Tamén chegou a participar no campionato de España de quads.
 
Comezou a súa andaina como humorista no programa da TVG O Rei da comedia, proclamándose finalista. Participou en diversos programas de humor e series como Mareas vivas, 4º sen ascensor, Supermartes, Land Róber ou A grande escapada. Ao tempo, fai actuacións con monólogos de seu por toda Galicia.