Farruco

 
 
Xosé Luís Bernal López, coñecido polo seu alcume Farruco , nado en Santiago de Compostela en 1942, é un humorista e actor galego.
 
De novo traballou na ferretería dos seus país en Compostela con escapadas a feiras e festas para facer actuacións. Durante o servizo militar fixéronlle un consello de guerra por indisciplina. Librou por intervención eclesiástica. Adicouse a facer actuacións e monólogos humorísticos en galego. Algúns dos cales foron gravados e vendíanse en cintas de casete o que lle deu grande sona.
 
Colaborou con diversas emisoras de radio como a Cadena SER, COPE, Onda Cero ou a Radio Galega. Como actor participou en filmes como Divinas palabras, Entre bateas, Sei quen es e A vida que che espera e en series como Terra de Miranda. Actualmente (2010) Farruco está traballando no programa da TVG Vivir aquí, un programa no que a xente denuncia sucesos.