Luis Zahera

 
José Luis Castro Zahera, nado en Santiago de Compostela en 1966, é un actor galego coñecido artisticamente como Luis Zahera.
 
Saltou á fama en Galicia polo seu papel de "Petróleo" na exitosa serie da TVG, Mareas vivas. 
 
Aínda que a súa carreira se desenvolveu principalmente en Galicia, nos últimos anos deu o salto á ficción en series de ámbito estatal, con pequenas colaboracións en series como Hospital Central ou El comisario. Máis recentemente participou en Motivos Personales e conseguiu un papel fixo en A tortas con la vida. Posteriormente participou con papeis secundarios en La familia Mata e a exitosa Sin tetas no hay paraíso (2008).
 
En cine destacan traballos coma O lapis do carpinteiro, O ano da carracha ou Alatriste, entre outras moitas.