Roberto Vilar, Víctor Fábregas e o guionista e escritor Xavier Manteiga coincidiron no programa de televisión Con perdón, que realizaba bromas a cidadáns anónimos mediante cámara oculta. Este programa emitíase na TVG, e foi nesa cadea, pero con intervencións en Luar a partir de 2002, un programa de variedades onde realizaban pequenos sketches cómicos. Despois dunha longa traxectoria nesta emisión de variedades, dedicáronse a facer especiais para logo teren un programa de seu, O show dos Tonechos (cuxo episodio piloto se estreou o 18 de abril do 2005).
O seu humor baséase na retranca e no surrealismo. Tamén son constantes as referencias á cultura popular e á actualidade social. Na ficción do show dos Tonechos, Tonecho e Tucho son pai e fillo, a nai chámase Maribel (Mariana Carballal) e a avoa Amadora (Dorotea Bárcena).
En xaneiro de 2009 anunciaron a súa separación temporal como dúo cómico